21/12/15

O XUNQUIÑO DE NADAL

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o contido de O Xunquiño de Nadal deste 2015.

Esperamos que vos guste!!!!




VISITA DOS PAXES REAIS

OS PAXES DOS REIS MAGOS DE ORIENTE VIÑERON AO CPI A XUNQUEIRA A FACERNOS UNHA VISITA. AS NENAS E NENOS DO COLE DÉMOSLLES AS NOSAS CARTAS PARA OS REIS E ELES DÉRONNOS UNS CARAMELOS QUE ESTABAN MOI RICOS. 
A CONTINUACIÓN PODEDES VER AS IMAXES DAS VISITAS ÁS AULAS:

VISITA Á AULA DE 3 ANOS:







VISITA Á AULA DE 4 ANOS:





VISITA Á AULA DE 5 ANOS:





VISITA ÁS AULAS DE PRIMARIA:




10/11/15

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN

A continuación podedes ver o vídeo da celebración do magosto coa degustación de castañas e os xogos populares. Tamén podedes ver a exposición de cabazas do Samaín.

Esperamos que vos guste!!




E para rematar, se premedes na seguinte imaxe poderedes ver a exposición de debuxos e relatos de terror.




26/10/15

SAMAÍN 2015

PARA FESTEXAR O SAMAÍN FAREMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CABAZAS E OUTRA DE DEBUXOS E RELATOS DE TERROR. 
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!!




24/6/15

O XUNQUIÑO DE VERÁN

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver O XUNQUIÑO DE VERÁN deste 2015.

Esperamos que vos guste!!!!!





2/6/15

PARTICIPANTES NO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Seguidamente podedes ver os marcapáxinas participantes neste concurso do 2015 en homenaxe a Xosé Filgueira Valverde:




A continuación temos o marcapáxinas gañador:




NORABOA a DAVID PARGA (5ºB)!!!!


PARTICIPANTES NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

A continuación podedes ver as fotografías que participaron no concurso neste 2015. Esperamos que vos gusten:




23/2/15

FESTIVAL DE ENTROIDO

NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEDES VER A ACTUACIÓN DE TODAS AS COMPARSAS PARTICIPANTES NO FESTIVAL DE ENTROIDO.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!


Infantil e Primaria:





Secundaria:







14/2/15

EXPOSICIÓN DE CARAUTAS

A continuación podedes ver as carautas participantes na exposición.

Moitas grazas a todos por participar!! Esperamos que vos gusten!!



10/2/15

O NOSO MURAL DA PAZ

Para festexar o Día da Paz neste 2015, fixemos ademais un Mural da Paz, no que cada alumna e alumno do centro cravou un lapis con un lema sobre este tema.
Se premedes na seguinte imaxe, poderedes vir o vídeo no blogue de convivencia.




8/2/15

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para festexar o Día da Paz neste 2015, o Equipo de Convivencia propuxo un achegamento á persoa de Malala Yousafzaia.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis información sobre ela recollida no blogue de convivencia.



Os alumnos de 4º de primaria escribíronlle unha carta a Malala. Se premedes no seguinte enlace poderedes velas tamén no blogue de convivencia.




E se queredes ver os murais da Paz que se fixeron no centro, tamén poderedes facelo premendo no seguinte enlace:





ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

18/1/15