29/12/14

O XUNQUIÑO DE NADAL 2014

SE PREMEDES NA SEGUINTE IMAXE PODEREDES VER O CONTIDO DE O XUNQUIÑO DE NADAL 2014-2015. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE:



27/12/14

VISITA DOS PAXES REAIS

ESTE ANO OS PAXES DOS REIS MAGOS DE ORIENTE VIÑERON AO CPI A XUNQUEIRA A FACERNOS UNHA VISITA. AS NENAS E NENOS DO COLE DÉMOSLLES AS NOSAS CARTAS PARA OS REIS E ELES DÉRONNOS UNS CARAMELOS QUE ESTABAN MOI RICOS.

AQUÍ PODEDES VER A VISITA Á AULA DE 5 ANOS:


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow created with Smilebox


A CONTINUACIÓN PODÉDELOS VER NA AULA DE 4 ANOS:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own picture slideshow


E PARA REMATAR A VISITA AOS ALUMNOS DE INFANTIL, PASARON POLA AULA DE 3 ANOS:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow made with Smilebox


PERO OS PAXES REAIS NON SÓ VISITARON AS AULAS DE INFANTIL, SENÓN TAMÉN ALGUNHAS DE PRIMARIA. AQUÍ O TEDES:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow made with Smilebox


13/11/14

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

Para festexar o magosto no CPI A Xunqueira gozamos dunha xornada de xogos tradicionais e logo degustamos as castañas asadas. Para ver o ben que o pasamos podedes ver o seguinte vídeo:



12/11/14

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

No vídeo que tedes a continuación podedes ver a celebración do Samaín no noso centro. Nel aparece a exposición de cabazas e a de relatos e debuxos de terror.
Esperamos que vos guste.




28/10/14

I CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO


O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra preséntannos o I Certame Literario Carmela Loureiro.




  • Categorías de participación: A (1º e 2º de ESO); B (3º e 4º de ESO).
  • Modalidades de participación:
    • MICRORRELATOS. Será un texto narrativo de non máis de 150 palabras, que comezará do seguinte xeito: Xa cho advertira...
    • MICROPOESÍA. Será un texto poético de non máis de seis versos.
  • Todos os textos deberán estar escritos en lingua galega e ser orixinais.
  • Prazo de presentación: ata o 19 de novembro.

Aquí podes consultar as bases completas do concurso.

Anímate a participar!!!!  Tes unha TABLET esperándote como agasallo!!!!!





21/10/14

RECURSOS PARA O SAMAÍN


Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver os recursos para o Samaín que aparecen recollidos no blogue da biblioteca.




12/10/14

CONCURSO: "DESEÑA UN LOGOTIPO PARA O CENTRO"




BASES DO CONCURSO:


  1. Poderán participar todos os alumnos/as da ESO do CPI A Xunqueira.
  2. A forma de participación será individual.
  3. Os deseños deben de tentar representar ao CPI A Xunqueira (a través dun debuxo sinxelo) e integrar o texto “CPI A Xunqueira – Fene”
  4. Os traballos deberán ser orixinais, quedando excluído calquera traballo que copie total ou parcialmente outros deseños existentes.
  5. De cada deseño presentarase unha versión en cor e outra en branco e negro.
  6. A técnica será libre.
  7. Presentación dos traballos:
    1. Os deseños presentaranse en papel DIN-A4: nun papel a versión a cor e noutro a versión en branco e negro. En ambos debuxos debe constar o nome completo do autor/a e o curso ao que pertence na parte de atrás da folla.
    2. Os traballos entregaranse ao departamento de plástica (Lucía Sesto).
    3. A data límite de entrega será o luns 23 de Marzo de 2015.
  8. Premios:
    1. No xurado haberá representantes de infantil, primaria, secundaria, equipo directivo e normalización lingüística e estará presidido pola xefa do departamento de plástica.
    2. Primeiro premio: O/a gañador/a do primeiro premio recibirá un diploma, unha tarxeta regalo por valor de 100 euros nun establecemento por concretar e o privilexio de ter o seu deseño representando ao centro.
    3. Segundo e terceiro premio: Os/as autores/as dos dous traballos finalistas recibirán un diploma e unha selección de material escolar.
    4. Excepcional e xustificadamente, o xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
  9. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do centro.
  10. O centro terá dereito ao uso, exposición ou publicación dos traballos presentados.
  11. A presentación dos traballos supón a aceptación destas bases.


3/7/14

O XUNQUIÑO DE VERÁN 2013-2014

Se premedes na seguinte imaxe correspondente á portada de O Xunquiño de Verán 2013-2014 poderedes ver o contido da revista.

Esperamos que vos guste!!




20/6/14

GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

As fotografías gañadoras do concurso nesta ocasión foron as seguintes:


LUCÍA E SERGIO RODRÍGUEZ BUSTABAD, de 3º de primaria.





SABELA REY VILAR, de 3º B de ESO.



A continuación podedes ver o resto de fotografías participantes no concurso:



E por último, aparece o mural conxunto que fixeron todos os alumnos e alumnas de infantil coas súas fotos:




22/4/14

LETRAS GALEGAS 2014. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

A continuación mostrámosvos un compendio de recursos que aparecen na rede sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste 2014. 
Se premedes nas imaxes que aparecen a continuación poderedes acceder ás páxinas que conteñen información sobre el.


Secretaría Xeral de Política Lingüística




Seminario Galán




Páxina web sobre o autor coa súa vida e obra




Asociación cultural Xermolos




CPI dos Dices, Rois. Telexornal sobre Díaz Castro




Xogos de pasapalabra








Libro de actividades da Xunta para Primaria




Libro de actividades da Xunta para Secundaria





16/3/14

2/3/14

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARAUTAS

Temos que destacar que este ano, todos os participantes no concurso de carautas se esforzaron moito, e que todas elas nos pareceron moi fermosas.
Podedes velas a continuación:


Participantes no concurso de carautas - foto montaje


Os gañadores do concurso foron os seguintes:


LAURA MOURIZ de 2º de primaria




JORGE  VARELA de 3º de primaria


Moitas grazas a todos por participar e noraboa aos gañadores!!!!


27/2/14

COPLAS DO ENTROIDO DE PRIMARIA

A continuación deixámosvos a mostra das coplas que van cantar os alumnos de primaria no festival de entroido. Esperamos que vos gusten:


9/2/14

POEMAS DA PAZ, SECUNDARIA

As rapazas e rapaces dos distintos niveis de secundaria leron unha serie de poemas relativos á paz. Podedes ver o resultado no vídeo que aparece a continuación:




DÍA DA PAZ, 3º CICLO DE PRIMARIA

No vídeo que tedes a continuación poderedes ver os traballos sobre a paz dos alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria.





REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ, 1º CICLO DE PRIMARIA

As nenas e nenos do primeiro ciclo de primaria tamén fixeron as súas reflexións sobre a paz. Aquí as tedes:





5/2/14

POEMAS DA PAZ, 2º CICLO DE PRIMARIA

As alumnas e alumnos do segundo ciclo de primaria fixeron unha serie de reflexións e poemas sobre a paz. Podedes velas no seguinte vídeo.

Esperamos que vos gusten:






CANCIÓN SOBRE A PAZ, INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil cantaron unha canción para conmemorar o Día da Paz.

Esperamos que vos guste:




LIBRO DE PAZ, 3º DE PRIMARIA

As alumnas e alumnos de terceiro de primaria prepararon un libro con poemas sobre a paz. Despois léronos nun acto conmemorativo que tivo lugar na biblioteca do centro.

Aquí tedes a mostra dese libro:







PARAUGAS POLA PAZ

Para festexar o día da Paz no CPI A Xunqueira, acordouse que unha das actividades a facer fose decorar un paraugas en cada aula ou nivel con debuxos ou lemas alusivos a este tema.
Agora todos os paraugas decoran o corredor do centro. Aquí vos queda unha mostra de todos eles.






12/1/14

VISITA DOS PAXES REAIS



Os paxes reais visitan o noso centro para recoller as cartas dos nenos e repartir caramelos. Como todos os alumnos se portaron tan ben, seguro que recibiron moitos agasallos.


Click to play this Smilebox presentaci%c3%b3n
Create your own presentaci%c3%b3n - Powered by Smilebox
Make your own presentaci%c3%b3n


9/1/14

O XUNQUIÑO DE NADAL 2013-2014


Se premedes na seguinte imaxe correspondente á portada de O Xunquiño de Nadal 2013-2014 poderedes ver o contido da revista.


GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


A continuación podedes ver as postais participantes no concurso de Nadal.

















Estas son as postais gañadoras:





DAVID PARGA TORRENTE, de 4º B de Primaria






 SABELA REY VILAR, de 3º B de ESO


Moitas grazas a todos por participar e noraboa aos gañadores!